Agasallos sen promesas O que somos, o que fun é un título que tamén se barallou para este traballo e que explica o seu contido heteroxéneo. O primeiro bloque inclúe as últimas cancións da banda, xunto cun anovado “Pan e circo” e unha versión traducida do “Debo continuar” dos carballiñeses Anagrama. Na “cara B” atópanse, por rigorosa orde cronolóxica, novas gravacións de temas vellos e inéditos da época de cantautor, ademais da última composición antes de marchar a Liverpool.
Cara A: Letra e música de todos os temas: Roberto F. Sobrado, agás 2 e 6 (música de Lorenzo Cazón) e 7 (letra e música de Román Vergara e tradución de Roberto F. Sobrado). Gravado e mesturado en Mafia Records (O Carballiño) por Óscar Fernández (Chichi) entre xuño de 2004 e xaneiro de 2005. Unha produción de Óscar Fernández e Roberto Sobrado e banda. Cara B:
Roberto Sobrado e banda somos:
Roberto F. Sobrado (voz, guitarra clásica e acústica) Roberto Sobrado e banda tamén son: Rubén Rodríguez (voces en 1 e 4), Germán Fernández (saxos en 2 e 6), Tomás Vila (son e asuntos eléctricos), Alexandre Fernández (deseño e maquetación), Pol Fernández (sitio web), Andrés Fernández (vídeo, carteis e montaxes varias), Ariel Torres Grazas: á familia (por crer en nós),
aos amigos e aos amores (por ser parte de nós), @s fans (por
estar con nós), @s colaboradores/as (por nos axudar), @s que
nos contratan (por contar connosco). Roberto F. Sobrado, Liverpool,
Entroido de 2005. |