Ó principio non había nada   -   Somos catro   -   Éramos poucos e...   -   Novas caras, novas xentes   -   2003 - 2004

 

Somos catro

A finais do ano 2001, Xabier Seijo (guitarra acústica), Pablo Laranjo (baixo) e máis tarde meu irmán, Alexandre F.Sobrado (percusión, armónica, frauta e voces), pasan a formar parte deste meu proxecto musical, coincidindo cos últimos concertos semanais no Fonte Sequelo e coa movilización estudiantil anti-LOU. A paréntese de actuacións habituais que se abriu, deixounos camiño libre para coñecérmonos, adaptarnos e ensaiar un repertorio composto, coma sempre, por temas propios e versións doutros músicos e grupos.

Tamén por ese tempo, a Asociación de músicos en lingua galega (AMELGA) abriume as súas portas para pasar a formar parte dela e os meus amigos carballiñeses Manuel I. Nanín e Pachi Baranda confiaron en min para compoñer a música de dúas curtametraxes que pronto verán a luz: En medio de algures, e Despertar en París, as cales supoñen todo un reto para este noso proxecto. Ademáis disto, os concertos continúan gracias á xente doutros locais composteláns (como La Guantanamera ou o Bar Viño) e carballiñeses (coma A Esmorga o Casino ou o Café Plaza) e ós circuitos culturais organizados pola Deputación da Coruña.

Estamos traballando tamén na gravación (caseira pero profesional gracias ás novas tecnoloxías) dun disco cos meus últimos temas arranxados por toda a banda e máis algunha sorpresa. As próximas actuacións, serán no Carballiño, Camariñas e Ourense e por suposto onde vós nos invitedes, porque agora, Roberto Sobrado somos catro.

Desilusionado das desilusións,
encho cada día a vital instancia
de montarmos xuntos as revolucións.

Bicos para tod@s
Roberto F. Sobrado, marzo de 2002