Ó principio non había nada   -   Somos catro   -   Éramos poucos e...   -   Novas caras, novas xentes   -   2003 - 2004

 

Novas caras, novas xentes
O abandono do grupo por parte do baixista Pablo Laranjo, fixo que durante a tempada de verán, aparecese un novo membro que cubrira a súa baixa, cando menos, de xeito interino. Para isto ofrecéusenos o noso amigo carballiñés Xesús Carballido, quen xa estivera nalgún ensaio para suplir a ausencia de Xabier e que cambiou a súa habitual guitarra (ou piano) polo baixo eléctrico sen maiores complicacións. Ó rematar o verán de 2003, Xesús continuou o seu camiño co grupo carballiñés Kalma e á nosa banda uniuse como baixista o ex-Zángalla-Mángalla Gustavo Fernández. Outubro de 2003 foi finalmente o mes de saída do agardadísimo primeiro disco da banda ó completo: Pan e circo e novembro espera ser o mes de presentación do novo disco e a nova banda na que quizais haxa máis sorpresas.

“Vémonos nos bares (J.Cifuentes)”
Roberto Sobrado outubro de 2003