Ó principio non había nada   -   Somos catro   -   Éramos poucos e...   -   Novas caras, novas xentes   -   2003 - 2004

 

Eramos poucos e...

Nunha evolución lóxica, ó grupo só lle faltaba un pequeno paso para concretar a evolución de solista a banda, tal e como xa fixeran antes Sabina, Ismael Serrano ou Pedro Guerra (salvando as distancias): a introducción dunha batería. Para iso, ninguén mellor ca Luís Vivas, un carballiñés-venezolano co que
xa eu estivera traballando de forma paralela nun proxecto chamado Txonis, un grupo integrado por Alexandre Nogueira-Jimmy (baixo eléctrico), Diego Pans (guitarra solista), Belén Fariña (voces e percusión),Luís Vivas (batería e percusión) e Roberto Sobrado (guitarra e voz), que fai das versións ibéricas e anglosaxonas o seu “modus operandi”.

Nun principio, a idea era que Luís colaborara na gravación dos dous temas máis “rockeiros” da banda, pero á vista do resultado e do seu interese, decidimos unanimemente que se convertera (a finais do verán de 2002) nun novo membro, tendo en conta ademais, que as obrigas estudiantís e deportivas do percusionista (Alexandre Fernández S.) íanlle impedir continuar ensaiando con nós de forma estable.

A gravación do disco está en proceso nestes momentos en Mafia Records (O Carballiño) e xa temos dispoñible un anticipo de tres temas máis outras gravacións caseiras de cando eramos catro, xunto con cancións en solitario da época de “cantautor”. A maqueta chámase Retallos – novembro 2002 precisamente polo seu carácter recompilatorio.

A filosofía do grupo segue sendo a mesma cá do solista: temas propios en galego máis versións doutra xente que nos inflúe, nos gusta e nos motiva; entre eles Sabina, Calamaro, I. Serrano ou Fito Páez, pero tamén bandas máis “rockeiras”, como La Polla Records, Celtas Cortos, Manu Chao ou Pink Floyd.

Por suposto, a banda é agora un pouco máis complicada de mover, de manter e de acomodar, pero así e todo convidámosvos a que sigades en contacto con nós para o que se vos ocorra, que para iso estamos.

Saúde, música e poesía
Bicos para tod@s
Roberto F. Sobrado, novembro de 2002